Materiais

A continuación detallamoslles os tipos de materiais cos que traballamos habitualmente.

Mármores


Materiais cun alto nivel de brillo natural, duradeiros e dispoñibles en diferentes cores.

Granitos


Moi empregados en cociñas debido á súa alta durabilidade e ás súas cualidades estéticas.

Cuarzos


Duros e resistentes, presentan unha superficie homoxénea e gran variedade de cores.

Pizarras


Ampliamente empregadas en cubertas, xeralmente posúen unha cor negra grisácea.

Calizas


Soen empregarse para a creación de estucos ou leitadas para pintar superficies.

Areíscas


Resistentes á corrosión, ao desgaste e a erosión, dispoñen de multitude de usos.

Porcelánicos


Material idóneo para unha gran cantidade de aplicacións como as encimeras de cociña e baño e todo tipo de mobiliario. Traballamos con Techlam ® e Neolith.

Travertinos


Roca sedimentaria formada principalmente de carbonato cálcico e orixinada fai millóns de anos polos depósitos de ríos e manantiais que lle proporcionaron unha beleza única e atemporal.